luns, 9 de marzo de 2015

Primeiro percorrido de 2015 polo Sendeiro de Matamá-Comesaña

O primeiro percorrido polos Sendeiros Locais de Vigo tivo lugar por Matamá-Comesaña. Cun día moi agradable, tívose ocasión de contemplar os múltiples escenarios que presenta o sendeiro, así coma as do contorno. 
Algunhas instantáneas dos principais momentos atópanse no amplo album de fotos, do que se recollen de seguido algunhas.






sábado, 22 de novembro de 2014

Andaina polo Sendeiro Local de Matamá-Comesaña

O percorrido realizado polos camiñantes de Camiño a Camiño empezou cun tempo que albergaba esperanzas e permitiu ver de preto algúns dos contidos previstos (premer para ver contidos) nos montes de Matamá: muiño da Regueira, petroglifo das Millaradas, fraga de Alvorezas e Parque forestal de Maruxento. A partir deste momento a climatoloxía mudou ata facerse case impracticable e impedindo achegarse aos lugares programados nos montes de Comesaña.
Algunhas das instantáneas da actividade pódense ver de seguido (ver album completo en fotos de Camiño a Camiño):






sábado, 15 de novembro de 2014

Camiño a Camiño percorre o Sendeiro local de Matamá-Comesaña

Este domingo 16 de novembro, o programa de Educación medioambiental "Camiño a CAmiño" da Concellería de Medio Ambiente prosegue as súas andainas percorrendo o recén creado Sendeiro Local de Matamá-Comesaña. 


O percorrido deste novo sendeiro está trazado conxuntamente con Montes de Vigo e as Comunidades de Montes de Matamá e de Comesaña. O resultado é un sendeiro que permite introducirse no profundo destas dúas parroquias, chegando a boa parte dos lugares máis singulares das mesmas e mesmo descubrir auténticas xoias medioambientais, así como retazos da historia esquecida delas. Nos paneis informativos colocados no traxecto resúmese toda esta riqueza medioambiental, patrimonial e histórica en cada unha das parroquias.

Sendeiro local - Tramo de Matamá

Sendeiro local - Tramo de Comesaña